28 nov 2013

Rapeando poesías

Ola a todos/as, o pasado luns os diminutos máis grandes fixeron unha actuación na biblioteca para os nenos/as de Educación Infantil e para 3º de E.P., que consistíu en transformar as poesías elaboradas por eles/as nun rap, ademais dunha adaptación do poema "Romance Sonámbulo" de Federico García Lorca.

Para a representación utilizáronse diferentes bases musicais buscadas a través de youtube, deste xeito a primeira que soa titúlase "Base para rap", a segunda "Pura Gente Bien - base para improvisar rap freestyle" baseada na composición de SFDK "Ternera podrida" e por último, "Bases de rap-freestyle- Instrumental para rimar.by TSP".
Esta representación está enmarcada no programa de contacontos da biblioteca, que decidimos enfocar deste xeito para traballar a expresión oral e difundir os poemas creados en clase e que podedes acceder a eles nos seguintes enlaces:


A continuación deixámosvos o vídeo para que vexades que ben o fixeron, desculpade a calidade do sonido. Esperamos que vos guste e se queredes podedes comentar e mostrar a vosa opinión, moitas grazas, ata outra Diminutos!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...