18 oct 2013

Luns...Que fastidio!

Ola Diminutos, non vos preocupedes! aínda non chegamos ao luns, queda todo o fin de semana para descansar antes de volver ao cole, coma xa saberedes trátase da obra "Luns...Que fastidio!", que algúns compañeiros/as van representar no Teatro Lido.

O próximo luns iremos a Radio Voz en Carballo a grabar, pero tras moitas lecturas en clase decidimos facer un ensaio xeral para todo o centro na biblioteca hoxe. Houbo nervios ao principio, xa que había moitos nenos/as vendo a actuación, pero cremos que a proba foi ben. Por outra parte toda a clase participou un pouco deste acto, xa que entre todos fixeron as invitacións e foron clase por clase anunciando a representación dos compañeiros/as.
Este proceso servíu para poder traballar ademais da expresión escrita, a expresión oral e superar os temores que soe supoñer falar en público, tamén aprendimos a colaborar e traballar en equipo, a facernos suxestións para poder mellorar no noso labor, sempre desde un punto de vista construtivo.
A obra discorre na casa de Luisiño (Brais), un rapaz pouco o traballador, onde se entera da desaparición do luns, o día que máis detesta. A partir deste momento o narrador (Alex B.) introdúcenos nunha historia na que aparece unha reporteira moi profesional (Laura), uns detectives bastante duros (Diego e Lucas), o seu amigo Uxío (Esteban), unha porteira un pouco rexubeira (Vanesa) e un médico un tanto extravagante (Xosé).
Esta pequena representación teatral está extraída do libro de lecturas de 5º de E.P. da Ed. Santillana, e cuxa autora é Mª Jesús Bajo; foi traducida pola mestra Susana, e adaptada polos mestres Susana e Diego. Queriamos agradecer a colaboración de Susana (mestra de 6º E.P.) por darnos a coñecer esta obra e axudarnos no seu desenvolvemento.
O elenco de actrices e actores quere dar as grazas a todos os nenos/as que asitiron á actuación e que participaron dela.
Deixámosvos algúns momentos da obra nesta montaxe, coa canción "Safe and sound" de Capital Cities (propiedade de Capitol Records), agardamos que vos guste, e esperamos que o próximo luns saia polo menos tan ben coma hoxe. Grazas e ata outra Diminutos!



2 comentarios:

  1. Lo están haciendo muy bien. Ojalá queden en un buen puesto. Suerte chicos........!!!!!!.

    ResponderEliminar
  2. Sí, o están a facer moi ben, o posto digamos que xa é secundario, o máis importante foi o proceso e o ben que o pasaron, de todos os xeitos non renunciamos a nada ;-). Grazas por comentar.

    ResponderEliminar

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...