23 oct 2013

Quen será, será...?

Ola, estes días estivemos creando protagonistas, é dicir, inventamos unhas personaxes que nos van a acompañar durante todo o curso, serán o centro das nosas historias, o punto de partida a partir do cal desenvolveremos as nosas historias, contos, cómics, e outras creacións literarias.

O primeiro paso foi pensar se elexiamos a unha persoa, un animal, un ser fantástico, unha cousa, ou calquera outra forma que se nos ocorrese e poñerlle nome, pensando que non poderemos cambiala ao longo do curso, será o noso compañeiro/a de viaxe polo menos en 4º, por iso debíamos meditar ben como queriamos que fose. Logo deste paso pasariamos a describir fisicamente ao noso protagonista. A continuación realizariamos a explicación das características emocionais, e que ao longo do curso poderán evolucionar e mudar, coma o fan as persoas, pero sempre cunha xustificación que se desenvolverá nas historias que creemos. Seguidamente sinalaríamos algúns dos gustos e afeccións que ten a nosa personaxe. Por último faríamos unha representación gráfica del ou dela, tentando ser fieis ao escrito anteriormente, será o retrato.
Os obxectivos desta actividade eran favorecer a creatividade, tratando de que os protagonistas fosen totalmente inventados, tendo en conta que podería haber influencias da televisión, cómics, entre outros, nalgún dos rasgos. Por outro lado tamén tratábamos de traballar a descrición, respectando as normas básicas destes textos.
Os resultados foron bastante satisfactorios, aínda que algún personaxe deberá de variar o seu nome, descrición física, emocional ou gustos, xa que ten un parecido máis que razoable con outras figuras xa creadas, e non nos vaian a acusar de plaxio.
Presentámosvos as primeiras imaxes captadas dos nosos novos amigos/as, cando xa sexan definitivas presentarémolas coma é debido en próximas entradas, agardamos que vos gusten.
Ata outra Diminutos!







No hay comentarios:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...