11 oct 2013

Prisioneros en el pulpo negro

Ola diminutos, as estrelas siguen aparecendo polo noso firmamento particular, nesta ocasión é Pedro o que nos trae unha recomendación moi interesante da colección Bandera Pirata e escrito por Alain Surget: "Prisioneros en el pulpo negro".

Luisilla e Benjamín desexan vivir aventuras ao carón do seu pai, o capitán Roc, pero este ten outros plans. No seu afán por viaxar co seu pai os nosos protagonistas abandonan á súa coidadora, pero embárcanse na nave do malvado Barba Negra. Conseguirán Luisilla e Benjamín atopar ao seu pai? sobrevivirán ao malvado Barba Negra? Podedes ver a recomendación de Pedro e se vos gusta podedes emprender a vosa propia aventura lendo as peripecias destes irmáns, seguro que disfrutaredes desta lectura, coma xa o fixo o voso compañeiro. Non olvidedes compartir as vosas opinións e valoracións, tanto do libro coma do vídeo, o blogue aliméntase dos vosos comentarios.

1 comentario:

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...