25 jun 2013

1, 2, 3 acción!

Ola diminutos, queremos presentarvos algunha das páxinas que visitamos nos últimos días de clase para practicar os verbos, que coma xa sabedes son palabras que expresan accións ou estados, os verbos nómbranse mediante os infinitivos. En galego e castelán existen 3 conxugacións dos verbos:

  • primeira conxugación: son os verbos cuxo infinitivo remata en -ar, por exemplo saltar, lanzar, camiñar,...
  • segunda conxugación: son os verbos rematados en -er, por exemplo correr, comer, traer,...
  • terceira conxugación: son os verbos rematados en -ir, por exemplo  escribir, rir, sentir, salir,...
  • non existen verbos en infinitivo rematados en -or ou -ur.
Por outra banda sabedes que os verbos teñen numerosas formas verbais, e nos expresan accións ou estados que sucederon no pasado, no presente ou no futuro.
  • Pasado, cando a acción xa sucedeu. Onte xoguei ao fútbol.
  • Presente, cando a acción está sucendendo nestes momentos. Agora estou en casa.
  • Futuro, cando as accións sucederán máis adiante ou despois. Mañá irei ao cine.
Aquí tedes varias páxinas nas que podedes seguir practicando.








Ata outra diminutos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...