30 jun 2013

Excursión a Muros

Ola a todos/as, o pasado 19 de xuño realizamos a última excursión deste curso, nela visitamos a vila de Muros.

O lugar que coñecimos en primeiro lugar foi o Muiño de marea, no que María (guía do concello de Muros) nos explicou un pouco o que eran os petroglifos e os que descubriron no entorno do concello, tamén recorrimos o muiño e os elementos que o compoñen, ademais nun vídeo aprendimos os nomes das diferentes partes e accións que se desenvolven nesta instalación.
Seguidamente fomos a visitar a vila nela explicáronnos a historia e as diferentes construcións que alí se poden contemplar, seguimos o recorrido polo concello, as antiguas murallas e a igrexa, onde tamén recoñecimos as diferentes tallas e figuras alí presentes.
Logo fixemos un pequeno recorrido a pé ata o petroglifo de "Laxe das rodas", lugar no que puidemos comprobar o labor dos nosos antepasados. Ao rematar voltamos polo camiño ata o CEIP Louro, que nos cedeu as súas instalacións para xantar, a continuación emprendimos a volta á casa.
Queremos agradecer tanto ao concello de Muros, en especial á nosa guía María, e ao CEIP Louro por facernos máis cómoda a visita e explicarnos todo con moito detalle. Grazas a todos/as.
A continuación podedes ver esta pequena presentación da viaxe. Ata outra diminutos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...