28 oct 2013

A FUNCIÓN DE RELACIÓN!

Boas diminutos:
Estas próximas semanas traballaremos en coñecemento a función de relación. Esta función é moi importante e forman parte dela  diferentes partes do noso corpo: o cerebro, os nervios, a médula espinal, os músculos, os ósos... É un tema moi divertido. Os seguintes vídeos poden axudarte a entender o novo tema.





23 oct 2013

Quen será, será...?

Ola, estes días estivemos creando protagonistas, é dicir, inventamos unhas personaxes que nos van a acompañar durante todo o curso, serán o centro das nosas historias, o punto de partida a partir do cal desenvolveremos as nosas historias, contos, cómics, e outras creacións literarias.

18 oct 2013

Luns...Que fastidio!

Ola Diminutos, non vos preocupedes! aínda non chegamos ao luns, queda todo o fin de semana para descansar antes de volver ao cole, coma xa saberedes trátase da obra "Luns...Que fastidio!", que algúns compañeiros/as van representar no Teatro Lido.

17 oct 2013

Comeza a wikigrama

Ola Diminutos, xa está en marcha a WIKIGRAMA, a wiki colaborativa na que aprenderemos a gramática que estudemos a través das aportacións dos nosos compañeiros/as. Xa podedes repasar as palabras que estudamos ata agora en Lingua galega, a maior brevidade posible poderedes tamén lembrar os aspectos gramaticais tratados nas clases de Lingua castelá.

16 oct 2013

Ratatouille no Firmamento

Ola Diminutos, aquí tedes ao voso compañeiro Diego subindo unha nova estrela ao noso Firmamento de Libros. Nesta ocasión trátase dun clásico de Disney, traducido por Yolanda Chaves, RATATOUILLE.

12 oct 2013

Por que...?

Ola Diminutos, hoxe traballamos co por que das cousas, neste taller de escritura tratamos de traballar a creatividade e tamén o texto argumentativo. Seguimos a idea do proxecto colaborativo PALABRAS AZULES, neste caso aportado pola mestra Marta Ciprés (@martacipresgarcia), titulao "O porqué das cousas" na que nos mostra o recurso de propor aos nenos/as preguntas coma por que os chinos teñen os ollos rasgados?, por que os porcos son rosas?,...As respostas son libres e poden estar baseadas nos nosos coñecementos, ou ben poden ser totalmente inventadas e, por moi tolas que poidan parecer, son válidas se o argumentamos con coherencia. A experiencia creo que resultou positiva e os resultados satisfactorios. Aquí vos deixo tres mostras que me gustaron especialmente, agardo que sexan do voso agrado, se é así animádevos a comentar.

11 oct 2013

Prisioneros en el pulpo negro

Ola diminutos, as estrelas siguen aparecendo polo noso firmamento particular, nesta ocasión é Pedro o que nos trae unha recomendación moi interesante da colección Bandera Pirata e escrito por Alain Surget: "Prisioneros en el pulpo negro".

10 oct 2013

Aprendemos sobre o noso corpo!

Ola  a todos!
Comezamos o bloque do corpo , animais e ecosistema. Serán temas moi divertidos nos que repasaremos algunhas cosiñas e aprenderemos outras  novas! Lembrade que podedes repasar cos vídeos que hai no blog!Comezamos ...

A NUTRICIÓN




7 oct 2013

Misterio resolto...

Ola Diminutos, hoxe coñecimos os motivos que fixeron aparecer na clase a unhas personaxes un tanto estrañas.

4 oct 2013

Temporalización de contidos e criterios de avaliación

Ola Diminutos, na web do cole tedes publicados a temporalización dos contidos a traballar durante o curso en 4º e tamén os criterios de avaliación de cada unha das unidades didácticas de Lingua galega e de Lengua castellana.

Un sorriso enigmático

Ola Diminutos, hoxe apareceu unha nova personaxe e se a primeira era un home con cara de asustado, logo un edificio, esta vez é un animal de cor branco cun sorriso enigmático o que apareceu pola clase, creo que alguén nos está mandando unha mensaxe, pero que significa? que nos queren mostrar?, seguimos sen respostas. Algún dos visitantes do blogue pode dicirnos QUE ESTÁ PASANDO?
A próxima semana agardamos chegar a descubrir este misterio, ata logo Diminutos!

3 oct 2013

Unha nova pista

Ola Diminutos, hoxe apareceu unha nova pista na clase, algúns compañeiros/as cren saber quen é, falan dun fraile, dun tal Fray..., estarán no certo?, chamarase así o noso personaxe misterioso? Por favor, se alguén ten máis datos para axudarnos a recoñecelo que se poña en contacto coa clase de 4º de EP do CEIP Canosa-Rus, pode facelo facilmente a través deste blogue. Gustaríanos saber de quen se trata e por que nos veu visitar? Seguimos esperando.
Ata outra Diminutos.

2 oct 2013

Quen anda aí?

Ola Diminutos, hoxe apareceu pola clase un personaxe misterioso, quen será?, que fará por aquí?, coñecédelo? e por que terá esa cara de susto?, estará escapando dalgún perigo? ou virá a asustarnos?.
Se algún de vós pode darnos algunha información sobre quen é, a que se adica, ou que fará pola nosa clase, agradeceriamos que nola aportase para poder descubrir este misterio tan misterioso.
Agardamos impacientes os vosos comentarios, ata outra Diminutos.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...