Ola Diminutos, aquí tedes ao voso compañeiro Diego subindo unha nova estrela ao noso Firmamento de Libros. Nesta ocasión trátase dun clásico de Disney, traducido por Yolanda Chaves, RATATOUILLE.
Nesta historia que lembraredes pola película animada a protagonista é unha rata chamada Remy que quere convertirse nun gran chef. Na busca do seu soño acaba na cociña do seu grande heroe culinario, o chef A. Gusteau. Alí comezará unha trepidante e divertida aventura, onde fará novos amigos e tratará de acadar o seu soño, ser un famoso chef. Conseguirá ser un cociñeiro con sona? Que novos amigos atopará no camiño? Diego pode respondervos a estas preguntas, pero sería mellor que se vos interesa lérades esta obra recomendada polo voso compañeiro. Lembrade que podedes comentar calquer aspecto que vos interese sobre Firmamento de libros ou sobre a obra recomendada nesta entrada.
Deixámosvos co vídeo coa recomendación de Diego, agardamos que vos guste, ata outra Diminutos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.