12 oct 2013

Por que...?

Ola Diminutos, hoxe traballamos co por que das cousas, neste taller de escritura tratamos de traballar a creatividade e tamén o texto argumentativo. Seguimos a idea do proxecto colaborativo PALABRAS AZULES, neste caso aportado pola mestra Marta Ciprés (@martacipresgarcia), titulao "O porqué das cousas" na que nos mostra o recurso de propor aos nenos/as preguntas coma por que os chinos teñen os ollos rasgados?, por que os porcos son rosas?,...As respostas son libres e poden estar baseadas nos nosos coñecementos, ou ben poden ser totalmente inventadas e, por moi tolas que poidan parecer, son válidas se o argumentamos con coherencia. A experiencia creo que resultou positiva e os resultados satisfactorios. Aquí vos deixo tres mostras que me gustaron especialmente, agardo que sexan do voso agrado, se é así animádevos a comentar.

POR QUE OS PAXAROS PODEN VOAR?
Porque un día de tormenta un escultor moi famoso viaxaba a Madrid en avión para facer unha escultura, pero a viaxe era moi longa e aburrida. Despois dun anaco fixo dous paxaros, un macho e outro femia, moi bonitos. A pesar diso tirounos pola ventá, pero grazas aos raios da tormenta, que lles deron vida aos paxaros, aprenderon a voar. Despois dalgúns anos tiveron fillos que xa sabían voar.
Brais Calvo (4º E.P.)


POR QUE OS CHINOS TEÑEN OS OLLOS RASGADOS?
Porque hai moito tempo un chino quería chegar a América, tentouno facer en barca, pero rompeu e caeu ao mar. Despois intentouno en táboa de surf, pero non tiña comida e tivo que volver nadando, ao final colleu un barco, pero non se deu conta que era para ir a España. Cando chegou púxose a chorar e entre toda a auga que lle entrara nos ollos e as bágoas que perdía quedáronlle os ollos rasgados.
Pedro Agrelo (4º E.P.)

POR QUE POLA NOITE ESTÁ ESCURO?
Porque polo día a Terra ten tanto calor que quere ir á sombra. O sol dalle moito calor, ademais gústalle a lúa porque cre que é sexi, e queda moi ben coas estrelas de fondo. Se mira cara a lúa non ten calor. A lúa tamén lle chama para que a mire, porque a ela tamén lle gusta a Terra.
Antón García (4º E.P.)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...