Ola Diminutos, xa está en marcha a WIKIGRAMA, a wiki colaborativa na que aprenderemos a gramática que estudemos a través das aportacións dos nosos compañeiros/as. Xa podedes repasar as palabras que estudamos ata agora en Lingua galega, a maior brevidade posible poderedes tamén lembrar os aspectos gramaticais tratados nas clases de Lingua castelá.
Recordade que o máis importante é que os autores/as desta wiki sodes vós, polo que se algún quere enriquecer, completar, aportar máis exemplos ou exercicios para practicar, podedes facelo traéndoo a clase escrito, e despois de comentalo na clase decidiremos se o agregamos ao xa escrito. Tamén tedes nos temarios da esquerda exercicios na web nos que poder practicar os contidos de ortografía e gramática de cada un dos temas que vaiamos estudando.
Ata agora podedes repasar os substantivos, os artigos e os adxectivos que foron aportados por Carlos, Alex B. e Antón.
Agardamos que vos sexa útil para repasar e para pasar un tempo divertido aprendendo.
Ata outra Diminutos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.