7 oct 2013

Misterio resolto...

Ola Diminutos, hoxe coñecimos os motivos que fixeron aparecer na clase a unhas personaxes un tanto estrañas.

Así apareceu na aula o libro titulado "Fray Perico y su borrico" no que ides poder coñecer mellor a Fray Perico, fraile protagonista da historia que comeza coa súa chegada a un convento, no que fará novos amigos e no que ocorrerán disparatadas aventuras. Este libro escrito por Juan Muñoz Martín en 1979 pretende facer rir e pasar un bo rato ao lector/a.
Agardamos que disfrutedes desta lectura e atentos ás próximas personaxes misteriosas que poidan aparecer na aula.
Ata outra Diminutos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...