Ola Diminutos, debido a un erro meu non incluín a postal de Laura na presentación, xa está solucionado e agora creo que xa están todas, podedes velas na seguinte entrada POSTAIS DE NADAL 2013. Desculpas e ata outra Diminutos!
6º curso de Educación Primaria.Curso 2022-2023. CEIP Canosa-Rus (Coristanco, A Coruña).
18 dic 2013
Cando todo sae mal...
Ola Diminutos, Laura aporta a última estrela desta chuvia que pasou polo noso cole estas últimas semanas, e o fai cunha obra da serie que protagoniza Katie Kazoo, titulada Un día horrible en el cole, escrita por Nancy Krulik e editada por Bruño.
17 dic 2013
Unha veciña un tanto especial
Ola Diminutos, Vanesa nos achega unha obra, pertencente á colección infantil de SM Leo-Leo, titulada La bruja vive en el tercero, escrita por Nicolas de Hirsching.
Pero, que é isto!
Ola Diminutos, Lucas nos presenta este conto de Kiko da Silva titulado Fiz nos biosbardos e editado por Factoría K, na que nos narra, a través dunha linguaxe pouco hixiénica, as aventuras do pícaro Fiz.
Picaches!!!
Shhh! é un segredo
Ola Diminutos, esta semana temos unha chuvia de estrelas, e comezamos por Antón que nos recomenda un libro escrito por Michael Ende, titulado El secreto de Lena, editado por SM.
11 dic 2013
El rojo es su color
Hola Diminutos, en esta ocasión sube a nuestro firmamento de libros una estrella que está basada en un clásico, se titula "La niña de rojo", y seguro que el primer cuento que se nos viene a la cabeza con este color es "Caperucita roja". El libro es fruto de una colaboración entre el ilustrador Roberto Innocenti, que se encarga del aspecto visual y de hilar la historia, y Aaron Frisch, que se ocupa de narrarnos el cuento. Está editado por la editorial Kalandraka.
Publicado por
Diego
en
23:09
No hay comentarios:
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
Aaron Frisch,
expresión escrita,
expresión oral,
firmamento de libros,
lectura,
leer,
lengua,
libros,
lingua,
novela gráfica,
Roberto Innocenti
10 dic 2013
¡Esto es el colmo!
Ola Diminutos, non estamos enfadados, simplemente unha nova estrela loce no noso particular firmamento, neste caso Xosé achéganos a súa recomendación dun libro escrito por Jeff Kinney dentro da súa existosa serie de Diario de Greg, neste caso trátase do 3º volumen titulado ¡Esto es el colmo!
9 dic 2013
Postais de nadal
Ola Diminutos, estas son as postais de Nadal que fixeron os alumnos/as de 4º para felicitarvos estas datas, agardamos que vos gusten.
29 nov 2013
Reto de lengua: ¿hacemos una poesía?
Hola Diminutos, os propongo un reto: escribir una poesía que acabe con unas palabras escondidas en clase, para encontrarlas tendréis que investigar y buscar un poco por el aula, estas palabras serán las últimas de cada verso de este poema de dos estrofas.
28 nov 2013
¿Bailamos?
Ola Diminutos, o pasado martes un comentarista anónimo/a deixounos un enlace a un vídeo titulado "¿Bailamos?" realizado por JAF producciones , na que se nos representa o diálogo que se establece entre un pai e unha filla, e que nos fai reflexionar sobre o enfoque da educación coma pais/nais e tamén coma docentes.
Rapeando poesías
Ola a todos/as, o pasado luns os diminutos máis grandes fixeron unha actuación na biblioteca para os nenos/as de Educación Infantil e para 3º de E.P., que consistíu en transformar as poesías elaboradas por eles/as nun rap, ademais dunha adaptación do poema "Romance Sonámbulo" de Federico García Lorca.
27 nov 2013
Traballamos en grupos sobre os animais vertebrados e invertebrados.
Boas diminutos e diminutas:
Fai uns días comezamos cos traballos en grupos sobre os temas dos animais vertebrados e invertebrados. Para estos traballos dividimos a clase en 6 grupos , 3 grupos traballan sobre os animais vertebrados e os otros 3 grupos traballan sobre os animais invertebrados.
Todos comezaron con moita ilusión: primeiro leron o tema a nivel individual, logo co seu grupo.
Durante esta semana, algúns dos nenos/as trouxeron das súas casas enciclopedias dos animais, libros relacionados cos temas e material sacado de internet.
Onte fixeron de investigadores/as na leoteca do colexio: buscaron nos libros da biblio, nos ordenadores e sacaron fotos ao que lles pareceu máis interesante.
Algúns dos vídeos que atoparon na súa búsqueda foron os seguintes:
GRUPO DOS MAMÍFEROS
GRUPO DOS ARTRÓPODOS
GRUPO DOS ANFIBIOS E PEIXES
GRUPO DAS ESPONXAS, AS MEDUSAS E OS VERMES
GRUPO DOS MOLUSCOS E OS EQUINODERMOS
Nas próximas clases cada grupo fará un esquema cos recursos utilizados e os contidos aprendidos, e para a próxima semana comezarán as exposicións para o resto da clase por parte de cada grupo.
En espera do resultado final do traballo, adiántovos un vídeo no que se mostra o traballo que están facendo os diminutos, espero que vos guste, e a rematar os traballos igual de ben que os levades ata agora!
Estamos dexesando que vexades o resultado final!
Preparación dos traballos de coñecemento do medio por grupos!Ata a próxima!
h
21 nov 2013
Poesía feita canción
Ola Diminutos, coma xa vimos en clase as poesías están moi relacionadas coas cancións, así temos cancións moi coñecidas nas que a letra está na súa totalidade ou en parte baseada nun poema.
Deixovos algúns exemplo de poemas convertidos en cancións, espero que vos sirvan de inspiración:
16 nov 2013
Poetas de novo en Rus
Ola Diminutos, esta semana estivemos traballando a poesía, e coma desexabamos que fose unha experiencia práctica que animase á lectura, facilitase a comprensión destes textos e o seu recoñecemento entre outros, así coma a súa composición, decidimos comezar diferentes iniciativas.
7 nov 2013
Charla sobre riscos das novas tecnoloxías e redes sociais
Ola Diminutos, hoxe visitounos o garda civil José Ramón Couto, que nos falou sobre os riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais, durante a súa intervención explicounos os perigos que nos axexan cando abrimos a porta de internet, ademais de consellos para poder previr as consecuencias máis graves.
28 oct 2013
A FUNCIÓN DE RELACIÓN!
Boas diminutos:
Estas próximas semanas traballaremos en coñecemento a función de relación. Esta función é moi importante e forman parte dela diferentes partes do noso corpo: o cerebro, os nervios, a médula espinal, os músculos, os ósos... É un tema moi divertido. Os seguintes vídeos poden axudarte a entender o novo tema.
23 oct 2013
Quen será, será...?
Ola, estes días estivemos creando protagonistas, é dicir, inventamos unhas personaxes que nos van a acompañar durante todo o curso, serán o centro das nosas historias, o punto de partida a partir do cal desenvolveremos as nosas historias, contos, cómics, e outras creacións literarias.
18 oct 2013
Luns...Que fastidio!
Ola Diminutos, non vos preocupedes! aínda non chegamos ao luns, queda todo o fin de semana para descansar antes de volver ao cole, coma xa saberedes trátase da obra "Luns...Que fastidio!", que algúns compañeiros/as van representar no Teatro Lido.
17 oct 2013
Comeza a wikigrama
Ola Diminutos, xa está en marcha a WIKIGRAMA, a wiki colaborativa na que aprenderemos a gramática que estudemos a través das aportacións dos nosos compañeiros/as. Xa podedes repasar as palabras que estudamos ata agora en Lingua galega, a maior brevidade posible poderedes tamén lembrar os aspectos gramaticais tratados nas clases de Lingua castelá.
16 oct 2013
Ratatouille no Firmamento
Ola Diminutos, aquí tedes ao voso compañeiro Diego subindo unha nova estrela ao noso Firmamento de Libros. Nesta ocasión trátase dun clásico de Disney, traducido por Yolanda Chaves, RATATOUILLE.
12 oct 2013
Por que...?
Ola Diminutos, hoxe traballamos co por que das cousas, neste taller de escritura tratamos de traballar a creatividade e tamén o texto argumentativo. Seguimos a idea do proxecto colaborativo PALABRAS AZULES, neste caso aportado pola mestra Marta Ciprés (@martacipresgarcia), titulao "O porqué das cousas" na que nos mostra o recurso de propor aos nenos/as preguntas coma por que os chinos teñen os ollos rasgados?, por que os porcos son rosas?,...As respostas son libres e poden estar baseadas nos nosos coñecementos, ou ben poden ser totalmente inventadas e, por moi tolas que poidan parecer, son válidas se o argumentamos con coherencia. A experiencia creo que resultou positiva e os resultados satisfactorios. Aquí vos deixo tres mostras que me gustaron especialmente, agardo que sexan do voso agrado, se é así animádevos a comentar.
11 oct 2013
Prisioneros en el pulpo negro
Ola diminutos, as estrelas siguen aparecendo polo noso firmamento particular, nesta ocasión é Pedro o que nos trae unha recomendación moi interesante da colección Bandera Pirata e escrito por Alain Surget: "Prisioneros en el pulpo negro".
10 oct 2013
Aprendemos sobre o noso corpo!
Ola a todos!
Comezamos o bloque do corpo , animais e ecosistema. Serán temas moi divertidos nos que repasaremos algunhas cosiñas e aprenderemos outras novas! Lembrade que podedes repasar cos vídeos que hai no blog!Comezamos ...
A NUTRICIÓN
7 oct 2013
Misterio resolto...
Ola Diminutos, hoxe coñecimos os motivos que fixeron aparecer na clase a unhas personaxes un tanto estrañas.
4 oct 2013
Temporalización de contidos e criterios de avaliación
Ola Diminutos, na web do cole tedes publicados a temporalización dos contidos a traballar durante o curso en 4º e tamén os criterios de avaliación de cada unha das unidades didácticas de Lingua galega e de Lengua castellana.
Un sorriso enigmático
Ola Diminutos, hoxe apareceu unha nova personaxe e se a primeira era un home con cara de asustado, logo un edificio, esta vez é un animal de cor branco cun sorriso enigmático o que apareceu pola clase, creo que alguén nos está mandando unha mensaxe, pero que significa? que nos queren mostrar?, seguimos sen respostas. Algún dos visitantes do blogue pode dicirnos QUE ESTÁ PASANDO?
A próxima semana agardamos chegar a descubrir este misterio, ata logo Diminutos!
3 oct 2013
Unha nova pista
Ola Diminutos, hoxe apareceu unha nova pista na clase, algúns compañeiros/as cren saber quen é, falan dun fraile, dun tal Fray..., estarán no certo?, chamarase así o noso personaxe misterioso? Por favor, se alguén ten máis datos para axudarnos a recoñecelo que se poña en contacto coa clase de 4º de EP do CEIP Canosa-Rus, pode facelo facilmente a través deste blogue. Gustaríanos saber de quen se trata e por que nos veu visitar? Seguimos esperando.
Ata outra Diminutos.
Ata outra Diminutos.
2 oct 2013
Quen anda aí?
Ola Diminutos, hoxe apareceu pola clase un personaxe misterioso, quen será?, que fará por aquí?, coñecédelo? e por que terá esa cara de susto?, estará escapando dalgún perigo? ou virá a asustarnos?.
Se algún de vós pode darnos algunha información sobre quen é, a que se adica, ou que fará pola nosa clase, agradeceriamos que nola aportase para poder descubrir este misterio tan misterioso.
Agardamos impacientes os vosos comentarios, ata outra Diminutos.
Se algún de vós pode darnos algunha información sobre quen é, a que se adica, ou que fará pola nosa clase, agradeceriamos que nola aportase para poder descubrir este misterio tan misterioso.
Agardamos impacientes os vosos comentarios, ata outra Diminutos.
26 sept 2013
24 sept 2013
Actualidade de lingua
Ola diminutos, durante estes últimos días estivemos falando dos verbos e dos pronomes, que son palabras que nos quedaban por coñecer do curso pasado. Sobre os verbos xa deixamos unha entrada o curso pasado que podedes recuperar na pestana de LINGUAS.
20 sept 2013
Comezamos con coñecemento!
Ola diminutas e diminutos:
Comezamos o curso de Coñecemento do Medio repasando un poco o do curso anterior, e comezamos polas máquinas e enexías. Espero que sexa un tema moi interesante!
18 sept 2013
Horario de clase
Ola Diminutos, deixámosvos o horario de clases de setembro a xuño para que o poidades consultar. Ata outra!
Comezamos repasando matemáticas!
Boas diminutos e diminutas!
Este novo curso poderedes traballar e repasar o aprendido en matemáticas a través de exercicios que estarán no noso blogue. Para comezar , podedes probar pinchando neste debuxo tan divertido e... a practicar mates!
17 sept 2013
Temas de Lingua Galega
Agora é o turno dos diferentes temas que se desenvolverán ao longo do curso en Lingua Galega, na animación que acompaña esta entrada poderedes acceder ás explicacións dos temas e a actividades de reforzo para que poidades practicar o aprendido; ademais, igual que con Lingua Castelá, haberá un enlace permanente na columna da esquerda. Agardamos que vos sexa de utilidade.
Xa estamos de volta
Ola a todos/as, logo das vacacións de verán retomamos as clases nun novo curso que nos traerá novas actividades, novos contidos e agardamos que moitas aventuras. Cambiamos de aula, novos compañeiros/as, aos que lles damos a benvida ao grupo, en fin moitas novidades que aos poucos iremos descubrindo xuntos.
Temas Lengua Castellana
En esta animación podéis acceder a los diferentes temas que vayamos estudiando durante el curso en el área de lengua castellana, en ella podréis ver explicaciones y realizar ejercicios en línea sobre los contenidos abordados. En la columna de la izquierda habrá un enlace permanente, además de la entrada en la pestaña de "Linguas".
Esperamos que os sirva de ayuda para poder repasar los temas y afianzarlos.
5 jul 2013
Alex para Firmamento de libros
Ola, esta vez é Alex o que nos fai a recomendación dun clásico infantil coma é Winnie The Pooh (Aquí falta algo!), escrito por Alan Alexander Milne e editado por Everest, nesta obra Winnie e os seus compañeiros viven numerosas aventuras para atopar a cola de Ígor, que se lle perdera, conseguirán atopala?
2 jul 2013
Brais para Firmamento de libros
Ola, nestas últimas semanas algúns de vós aproveitástedes para aportar novas estrelas ao noso Firmamento de libros, hoxe Brais nos presenta unha recomendación dun libro que limos todos/as na clase "O misterio dos fillos de Lúa" escrito por Fina Casalderrey e publicado pola editorial SM.
30 jun 2013
Excursión a Muros
Ola a todos/as, o pasado 19 de xuño realizamos a última excursión deste curso, nela visitamos a vila de Muros.
25 jun 2013
1, 2, 3 acción!
Ola diminutos, queremos presentarvos algunha das páxinas que visitamos nos últimos días de clase para practicar os verbos, que coma xa sabedes son palabras que expresan accións ou estados, os verbos nómbranse mediante os infinitivos. En galego e castelán existen 3 conxugacións dos verbos:
Despedida de Kuentalibros
Ola a todos/as, coma xa veredes no título desta entrada queremos anunciarvos que o Proxecto Kuentalibros toca ao seu fin, tras uns anos promocionando a lectura entre persoas de diferentes idades e de propor novos descubrimentos literarios aos visitantes da súa páxina, os docentes implicados e que se encargaron do seu desenvolvemento decidiron por o punto final, ou quizais seguido, xa que están en marcha novas propostas nas estamos desexando participar.
17 jun 2013
Feliz cumple Diego!
Parabéns Diego:
Disfruta do teu día! Pouco a pouco todos ides cumprindo 9 anos e o curso xa remata. Aproveitade moito o verán, xogar, rir, bailar, ler, compartir, soñar ... en definitivas que o pasedes moiii ben!!!
E este vídeo vai para DIEGO e para todos os diminutos e diminutas máis grandes que cumpren anos no verán: ALEJANDRO MARIÑO, XOSÉ , PEDRO, LAURA , NICOLÁS , ESTEBAN, CARLOS, IVÁN E MARCOS. PARABÉNS A TODOS!!! A disfrutar dos 9 anos!
Disfruta do teu día! Pouco a pouco todos ides cumprindo 9 anos e o curso xa remata. Aproveitade moito o verán, xogar, rir, bailar, ler, compartir, soñar ... en definitivas que o pasedes moiii ben!!!
6 jun 2013
Excursión: Concerto didáctico e Castelo de Sta. Cruz
Ola a todos/as, o pasado 24 de abril realizamos unha excursión a A Coruña xunto cos nosos compañeiros/as de 4º de E.P.; na que primeira actividade asistimos a un concerto didáctico no Palacio da Ópera titulado "A percusión na orquestra", onde presenciamos a músicos e animadores que nos ensinaron a evolución da percusión ao longo da historia, os diferentes instrumentos e como xurdiron.
4 jun 2013
A festa de Voz Natura!
Ola de novo:
O sábado pasado, 1 de xuño, celebrouse a Festa de Fin de curso de Voz Natura no parque de Acea de Ama, en A Coruña. Foi unha xornada divertidísima onde puidemos ver moitas exposicións dos traballos dos coles que participaron neste Proxecto. Tamén xogamos moito nas colchonetas, simulacros ,etc.
Foi un día de convivencia xenial, e como mostra aquí os deixamos algunhas fotiños deste día.
O sábado pasado, 1 de xuño, celebrouse a Festa de Fin de curso de Voz Natura no parque de Acea de Ama, en A Coruña. Foi unha xornada divertidísima onde puidemos ver moitas exposicións dos traballos dos coles que participaron neste Proxecto. Tamén xogamos moito nas colchonetas, simulacros ,etc.
Foi un día de convivencia xenial, e como mostra aquí os deixamos algunhas fotiños deste día.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)